o miolo

furancho lar de outeiro. covas

Aínda que así está bautizado, eles mesmos tiran por aquilo de o Furancho de Quintela, nome do lugar no que se atopa. Tamén teño visto por aí chamarlle, familiarmente, o Furancho das Irmás.

Furancho Lar do Outeiro 01     Furancho Lar do Outeiro 03

Se algo identifica o furancho de Quintela é a súa situación privilexiada, no mencionado lugar de Outeiro, no máis alto de Covas, cunha vistas á ría de Arousa marabillosas. Tamén o seu comedor ‘exterior’ ao acougo das viñas. Os espazos interiores, son limitados.
Merendar á tardiña dun día de verán, coa caída do sol no horizonte é unha gozada.

Furancho Lar do Outeiro 06     Furancho Lar do Outeiro 07

Ollo!, trátase dun furancho con moitísima aceptación (por algo será…) e, en días e horas punta pode haber unha demora que afea os tempos e o trato e mesmo a ‘caída’ por esgotamento dalgún dos pratos.
Atenden por rigorosa ocupación de mesa e completan o menú de cada grupo antes de pasar ao seguinte.
Xunto co viño e o pan, e por conta da casa, atípico pratiño de xamón con melón.

Furancho Lar do Outeiro 11  Furancho Lar do Outeiro 12Furancho Lar do Outeiro 09  Furancho Lar do Outeiro 10

Oferta típica de furancho: tortilla, zorza, pementos de Padrón e vermellos, richada, calamares, ensalada de tomate, etc. Consabidos viños tinto Barrantes e branco Albariño.
Hoxe somos seis; o grupo habitual con Luís e Luz, enriquécese con Flora e Luís (2).
Tomamos lombo de porco, zorza, tortilla e pementos.
O prezo vén sendo o habitual, arredor dos 8€ por persoa.

Furancho Lar do Outeiro 14Furancho Lar do Outeiro 15Furancho Lar do Outeiro 16Furancho Lar do Outeiro 17

Preguntamos polo mellor furancho dos de Covas (fóra, claro está, este das Irmás no que estamos) e as recomendación tiran polo de Juan e o de Adolfo. Polo de Adolfo haberemos de esperar á próxima tempada; disque son magníficas as cañas, pero, entre que xa acabaron o viño e que este ano a vendima vai un chisco adiantada, a día de hoxe xa está pechado.
Nunha das mellores noites deste desastroso verán acabamos tomando café na terraza da casa de Luz.
Licor café de Maribel e roscón de Mascato.

O furancho de Quintela
(Furancho Lar de Outeiro)
(Furanco das Irmás)
Outeiro, Covas.
36968  Meaño
Localización en Mapas de Google
GPS: 28º31’00”N  08º46’32”W