o miolo

así, si

Pepe Vieira 01

Vén esta entrada como consecuencia da anterior (Así, non).
Ou quizá non todo é o que semella e neste caso todo resulta ao revés: sentinme obrigado a escribir aquela despois de pensar e gozar con esta.

Pepe Vieira 02

É un dos meus favoritos e hoxe, despois duns anos sen poder facerlles unha triste visita, comemos con Pepe Vieira.
Iamos cun menú pechado:
Snack, Tosta de millo Corvo con ceviche de xurelo, Tomate, tetilla e ceboliña caramelizada con vinagreta sinxela de mel de flores, Guiso de chocos na súa tinta con crema aireada de pataca, Hovo fritido do revés, Torta de Santiago semilíquida. Tres viños maridados. Prezo, tamén pechado, 40€ persoa.

Restaurante Maruja Limón 1034

Trátase desas webs que lanzan ofertas durante un período limitado de tempo.
Coñecía a experiencia de Maruja Limón (Un éxito rotundo) e o acerto animounos a repetir en Pepe Vieira; a proposta, textual, é a reproducida máis arriba.
En ambos casos foi a través de LetsBonus.

Pepe Vieira 05Pepe Vieira 06
Snacks: olivas aliñadas e Pan de pita con tomate seco e parmesán.
Servidos con Cava: Alba, Brut Reserva de Raventós i Blanc.

Pepe Vieira 07
Caldo Galego.

Pepe Vieira 08
Ceviche de xurelo con remolacha, ravo e vinagreta.
Viño branco: Albariño Castro Martín.

Pepe Vieira 09
Pescada do pincho rebozada en ovos de curral, con maionesa de lima.

Pepe Vieira 11
O Tomate, tetilla e ceboliña caramelizada con vinagreta sinxela de mel de flores.

Pepe Vieira 13Pepe Vieira 14
Cocido.
Viño tinto: Vía Romana, mencía de, 2010?

Pepe Vieira 16
Torta de queixo de cabra Payoyo
Viño doce: Alambre 2007, Moscatel de Setúbal de J.M. da Fonseca.

Pepe Vieira 17Pepe Vieira 18
Petits Fours.

IMG_3713
Cafés.

Fantástico.
Xa vedes; ao final, a oferta anunciada… pero ampliada e mellorada sensiblemente. Algún cambio por obriga do mercado; o resto podería evitarse para manter o concepto de sostibilidade; estaban fóra do guión o cava, o caldo, os bocadiños doces do final, o café… Poucos que fan un moito.
Visto o visto e como conclusión, creo que o modelo de Pepe Vieira non debe resultar moi sostible. Se a un prezo moi, moi axustado se lle engaden por riba servizos non programados, a falta de rendibilidade pasa a ser evidente.
Agora si, calquera intento de comparar os 40€ de Pepe Vieira Camiño da Serpe cos 30 da nosa comida de Nadal (Así, non), rolda o cómico.

Claro que a clase, a categoría, o savoir faire, os motivos de que Xosé Cannas (sen esquecer a Xoan e a súa man para descubrir viños astronómicos a prezos terrestres) sexa un dos meus galegos favoritos quedaron, unha vez máis, en evidencia.

Como é a primeira vez que traio o Pepe Vieira ao blog, aí vai a ficha:

Pepe Vieira Camiño da Serpe
Xosé Torres Cannas
986 741 378
Camiño da Serpe s/n. Raxó
Poio (36992)
E-Electrónico
Web
Web de Os Nove
GPS: 42.409343ºN   8,754527ºW
Localización en Mapas de Google
Algunhas distincións:
2 sol Repsol
1 estrela Michelín
8,0 puntos en Lo mejor de la gastronomía
7,6 puntos en Verema
1º nivel na Guía de restaurantes de Galicia de La voz de Galicia
Etc…